A Semana de Cine de Lugo entregou o seus galardóns

O premio do público foi para Las Chicas de la Estación, e a mellor longametraxe galega foi Os espazos en Branco

29/9/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Este sábado 27 de setembro fechaba as súas portas, coa concesión de galardóns, a 47 Semana de Cine de Lugo. No palmarés destaca como Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial a española Las chicas de la estación, de Julieta Tobío. As votacións seleccionaron tamén París 70 como mellor curtametraxes e O interrogatorio como mellor curta galega.

O xurado, á súa vez, escolleu Os espazos en branco de Bruno Arias como mellor filme galego da edición, e Recuperando el cine 35 mm obtivo o galardón á película documental. Dentro do ciclo Cine Español Inédito o xurado seleccionou El instinto de Juan Albarracín como vencedora. A estes premios sumouse unha vintena de mencións especiais a diferentes producións "polo tratamento dos temas, ás persoas e ao cine".

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, Documental

Claves

Conceptos
Lugares