Rabbit punch faise co Gran Premio Internacional de Curtocircuíto

O güerepork é a produción máis premiada con tres galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A gran vencedora da noite foi a produción galega O güerepork, de Samuel Ortiz, que fixo triplete co premio do público, o do xurado novo e o especial do xurado na sección galega. Pero o Gran Premio Internacional, o máis importante e o mellor dotado de todos cantos se entregan no Festival Internacional de Curtametraxes (Curtocircuíto) foi para o británico Kristian Andrews polo seu Rabbit Punch. Completan o palmarés Por nada (mellor curta galega), Anniversary (mellor curta esñañola), La Sortie (premio do xurado na sección Internacional), Daniel´s Journey (premio do xurado da sección española), Destination Finale (sección Explora) e Danse Macabre (premio especial do xurado á mellor curta).

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto

Claves

Entidades