INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña anunciou o palmarés da súa sexta edición durante a Cerimonia Final celebrada este sábado no Teatro Colón. O realizador Xacio Baño recibiu o Premio do Xurado da Sección Galicia por "Non te vexo", sección na que o xurado fixo dúas mencións especiais para Andrea Zapata por "Ruovesi" e para Santos DÃaz por "Din que non falan". Ademais, dentro da sección Galicia, Ariadna Silva coa obra "Friccións", acadou o Premio Contemporánea que levará a peza a exposición nas galerÃas da Asociación Contemporánea. Na sección de competición internacional o Premio do Xurado foi para Eduardo Williams por "El auge del humano 3". Arturo Franco por "El custodio" foi recoñecido como Mellor Curtametraxe española.
No relativo aos diversos premios transversais do certame, o Premio Xurado Novo foi para Enar de Dios por "Ecotone" e o Premio do Público para Inés GarcÃa por "Eurydice". A cuertametraxe de Xacio Baño repite como gañadora do Premio NUMAX e a artista Andrea Costas recibiu o Premio MAV pola súa peza "Materia oscura (2 años)". Falláronse tamén os premios INTERSECCIÓN LAB. Premio CORTE FINAL foi para Marina Palacio por "Y asà seguirán las cosas"; o Premio Sonido Cinemar Films foi para Carlos Casas, por "KRAKATOA". O palmarés completase coa Sección Escolas, na que o xurado decantouse para o seu premio por "No tocar" de Arturo Aguilar.