Curtocircuíto premia as producións galegas de Xacio Baño e Uxía Gayoso

O festival pechou a súa 20ª edición premiando á irania Maryam Tafakory por Nazarbazi

A vixésima edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto chega ao seu final cun acto de clausura no que se deron a coñecer os integrantes do palmarés desta 20ª edición. Xacio Baño, coa súa peza 'Non te vexo' recibiu o Premio CREA á mellor dirección galega e o Premio Galiza á mellor produción do noso país no certame. O Premio Supernova foi para ): "Noitevella 1999" de Uxía Gayoso e o galardón #OutraCompostela (patrocinado por Turismo de Galicia e Santiago de Compostela Film Commission) foi recaer en "Doddies" de Elena Vázquez, Irene Tobío e Beatriz Real.

No relativo ao resto das seccións oficiais de alcance internacional o Premio Cosmos á mellor película deste 20º Curtocircuíto foi para "Nazarbazi" de Maryam Tafakory, mentres que "An Asian Ghost Story" de Bo Wang acadou o Premio Cosmos á película máis innovadora e o Premio do Xurado Novo. O Premio Cosmos á mellor película española foi para Mamántula de Ion de Sosa, e o Premio do Público foi para á produción 'Aunque es de noche' de Guillermo García López.
Ligazóns