O XI Curtocircuíto fecha con premios para Álvaro Gago e Xacio Baño

Traversées levou o premio Radar e Substanz o Explora

13/10/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Álvaro Gago e Xacio Baño cos seus galardóns

O Teatro Principal de Santiago acolleu o pasado sábado a gala de feche da XI edición de Curtocircuíto. No acto entregáronse os premios desta xeira, entre os que destacaron o premio premio CREA ao mellor director galego para Álvaro Gago e mais os premio AGAG ao mellor guión galego e premio Planeta GZ que foron para Xacio Baño. Canda a eles, o filme Traversées fíxose co premio Radar, mentres Substanz levou o Explora. O xurado novo entregou o seu galardón á curta Washingtonia mentres a favorita do público foi Forever Over.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Gago, Xacio Baño, Curtocircuíto, Teatro...