O pasado sábado 31, tivo lugar o acto de clausura do festival, INTERSECCIÓN - Festival de Arte Audiovisual Contemporánea coa entrega de oito premios na que foi a súa primeira edición con seccións competitivas e na que maior protagonismo tivo a creación galega. Esa presenza tamén se viu reflectida no palmarés xa que, ademais dos cinco premios repartidos na Sección Galicia tamén o filme de Antía Carreira Ola baby (Video-ensaio sobre a miña depresión) acadou o Premio Resorte, polo que competían as pezas da Sección Escolas. Na Sección Galicia o Premio Númax consistente na exhibición na sala compostelá da obra gañadora durante unha semana, foi para Judith Adataberna por Inside the Microtubule, a obra foi tamén merecente do Premio A Colectiva pola "habilidade e a sutileza na hibridación dos distintos formatos que combina a peza, pola mestura de documentos e gravacións reais e experimentais co formato documental", entre outros motivos ; o Premio Contemporánea, outorgado pola Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia, foi para Berio Molina e Alexandre Cancelo por -oito; o Premio Xurado Novo desta sección foi para La bouche, promèner, non, non, non de Acacia Ojea e por último, o público outorgou a David Fidalgo o Premio do público da Sección Galicia pola peza de animación Reality. Ademais diso o xurado da Asociación Sindical Galega de Guionistas, decidiron dar o Premio AGAG ao Mellor tratamento de proxecto a Lara Curto, por Lluny e na sección Contemporánea, o Premio Xurado Novo foi para Manuel Saiz por (SUBTÍTULOS) saber sin estudiar "pola indagación nun elemento que habitualmente pasa desapercibido no filme, por inverter orixinalmente a orde dos elementos da imaxe e pola execución textual e visual".
Este domingo tamén rematou en Vilagarcía de Arousa o Curtas -Festival do Imaxinario, que hoxe mesmo comunicaba o seu reconto de votacións do público asistente a esta cita co audiovisual fantástico que tirou de imaxinación e vitalidade para superar as dificultades do momento. A longametraxe canadense Come true (Anthony Scott Burns, 2020) fíxose co premio á mellor película do certame e a película húngara Comrade Drakulich(2019), de Márk Bodzsár acadou o Premio Especial do Xurado Oficial Fantástico en película longa, que no caso do formato curto foi para a sueca Killing small animals (Marcus Svanberg, 2020). A curtametraxe estadounidense Snake Dick de David Mahmoudieh e a longametraxe de Robi MichaelEvery time I dielevaron os premios do público Planet Horror. Na sección dedicada ao audiovisual galego a curtametraxe La penumbra de Dani Viqueira (2020) acadou o recoñecemento no seu formato curto de xénero fantástico; Guille Vázquez levou o galardón a mellor dirección por Mare(2019); a cinta Narote de David Vázquez foi galardoada polo xurado na sección de curtametraxe documental e o premio de ficción de outros xéneros foi para A la cara, de Javier Marco. A distribución do resto do palmarés amosou a capacidade de atracción internacional da convocatoria con cintas do resto de España, Colombia, Uruguay e Irán.