A 44ª Semana de Cine de Lugo reparte os seus premios oficiais

Coincidencia entre público e xurado con 'Julia' de Jacobo Lagüela como mellor película galega

A Semana de Cine de Lugo pechou a súa 44ª edición presentando o seu palmarés, onde fai destacar a opción do público asistente na Sección oficial, que se decantou coas súas puntuacións pola longametraxe francesa 'Mentes maravillosas', de Bernard Campan e Alexandre Jollien. Ademais diso, entre público e xurado concederon outros cinco premios. É de destacar tamén que o premio á mellor película galega desta edición do certame fixo coincidir a público e xurado, resultando a longametraxe 'Julia' (2020) de Jacobo Lagüela Castro a premiada por ambos. A película fala sobre a extinción e abandono do rural a través dos ollos da súa protagonista, unha avoa de 87 anos de idade coa esperanza de salvar as súas raíces e de comunicar a importancia das mesmas ás xeracións que están por vir.


JULIA - Trailer oficial (ES) from Jacobo GRC on Vimeo.



O Premio do Xurado á Mellor Película do "Cine das Nacionalidades" foi a para a española 'Ee parque', de Rogelio Enríquez Soto; o xurado decantouse pola cinta 'Pessoas' (España, 2020), de Arturo Dueñas como mellor traballo documental. O público tamén elixiu a mellor curtametraxe do programa, valorando sobre as demais a cinta 'Negociadora', de Alfredo Andreu Ríos. Ademais de isto, o xurado e a organización concederon ata 25 mencións especiais a outras tantas películas en formatos longos ou curtos, entre as que están moitas producións galegas como 'A virxe roxa', de Marcos Nine; 'Rompente', de Eloy Domínguez; Salamandra, de Darío Autrán; Elas, de Aaron Siebert; 'A comuñón da miña prima Andrea', de Brandán Calviño; Dores, de Coral Piñeiros ou 'Reflexións de unha avariciosa' de Noa Alvárez Pastoriza e Maxuca Bruña, entre outras.