O Festival de Cine Inclusivo de Vigo recoñece Crip Camp e Cuerdas

O que arde é galardoado no Festival Internacional de Cinema Ambiental

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Entrega de premios do V Festival de Cine Inclusivo

Entrega de premios do V Festival de Cine Inclusivo

O V Festival de Cine Inclusivo de Vigo fechaba este 18 de outubro co súa entrega de galardóns. Na mesma destacaron especialmente o filme Cuerdas de José Luis Montesinos, que se fixo co premio da sección de ficción, e mais Crip Camp, o traballo de James Lebrecht e Nicole Newnham que foi galardoado co premio á longametraxe documental. Paraíso de Mateo Cabeza levou o galardón á mellor curta documental, mentres a webserie Indetectables de Apoyo Positivo foi a máis valorada polo público na súa categoría. En curtas de ficción, o xurado seleccionou Orquesta los Bengalas de David Valero e o público apostou por Xoves de comadres de Noemí Chantada, que tamén obtivo o premio AGAG ao mellor guión. Finalmente Homomaquia de David Fidalgo foi recoñecida co Premio CREA á curta con mellor dirección.

Pola súa banda,o 26 CineEco – Festival Internacional de Cinema Ambiental da Serra da Estrela, que se celebrou entre o 10 e o 17 de outubro na localidade portuguesa de Seia, outorgoulle o seu galardón principal a O que arde. O filme de Óliver Laxe foi recoñecido co Grande Premio Ambiente que se concede na competición internacional de longametraxes.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Vigo, Documental, Guión...

Claves

Protagonistas
Lugares