O Festival de Cans bate a marca de participación

Un total de 166 producións queren entrar a concurso

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os organizadores do IX Festival de Cans recibiron un total de 99 curtametraxes de ficción, 10 de animación e 57 videoclips para entrar en concurso no evento. O total de 166 producións supoñen unha marca para este evento, cun 53% máis curtametraxes e un incremento do 18% na categoría de videoclips. Malia á crise que afecta ao sector audiovisual, e que tamén se deixa sentir na organización de Festivais, a organización salienta as cifras acadadas e o feito de que se manteñen as dez categorías e as contías dos premios. Serán un total de 6.200 euros e estatuas de cans feitas en granito que se distribuirán entre oito curtas dous videoclips. Os responsables do evento están a seleccionar o material que entrará finalmente a concurso entre o 23 e o 26 de maio.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Animación

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares