Cans abre a convocatoria de 2014 a manter os seus premios

O director do festival advirte que non está garantido o financiamento

16/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Os interesados en participar coas súas producións no XI Festival de Cans teñen ata o vindeiro 28 de febreiro para as enviar. A organización do evento abría onte a convocatoria para curtametraxes, curtas de animación e videoclips, que manteñen a súa dotación de anteriores anos e suman 6.200 euros en premios. Como novidade, o Festival habilitou unha plataforma web para recibir os traballos e os responsables lembran que están abertos a outros formatos que se poderán programar fóra de concurso ou mesmo dar pé á creación de novas categorías.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Malia á convocatoria, Alfonso Pato, director do festival recoñece hoxe en La Voz de Galicia que está en proceso de concretar os apoios económicos para desenvolver esta edición, prevista para o vindeiro mes de maio.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Animación, Festival de Cans, Alfonso Pato...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares