O Festival de Cans abre convocatoria

O proxecto incrementa a contía dos seus premios e presenta novo web

13/1/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os interesados en participar no XIII Festival de Cans teñen ata o vindeiro 4 de marzo para presentar a concurso as súas curtametraxes e videoclips. A Asociación Arela, que organiza o evento, abría onte a convocatoria deste ano, para a que incrementa ata 6.200 euros a contía total dos premios. Deste xeito, o Premio do xurado á mellor curta chega aos 2.000 euros, 500 máis do que na anterior xeira. Ademais presentouse un novo web para o evento que rescata o arquivo audiovisual do festival e pon a disposición do público preto de 40 horas de vídeo. A vindeira edición do festival celebrarase entre o 18 e o 21 de maio de 2016.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Cans

Claves

Entidades
Lugares