Desde o pasado dÃa 8 de xaneiro e ata o vindeiro 3 de marzo está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Festival de Cans. O evento, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, amplÃa os seus galardóns e por vez primeira todos os premios contarán con dotación económica. Segundo adianta a organización do festival porriñés, destinaranse a esta fin 8.900 euros, o que supón un incremento de 1000 euros a respecto do pasado ano. Os premios á mellor banda sonora e premio dos veciños son os que incorporan dotación na nova xeira. A eles súmase a creación dun galardón que recoñece a mellor dirección de fotografÃa "nun xeito de estimular unha interesante xeración de profesionais que está a emerxer", segundo salienta a organización.
En total distribuiranse trece cans de pedra entre os gañadores, cos galardóns á mellor curta de ficción, dotado con 2.000 euros, e os premios do público á mellor curta e á mellor curtametraxe de animación, dotados con 1.500 euros, como os de maior importancia económica.