
A isto súmase como novidade a inciativa Youtubeir@s en conexión, que pretende "consolidar a comunidade de youtubeiros e youtubeiras xa existente, ampliar a súa base social, dar visibilidade ao seu traballo de creación na rede en galego e fomentar o intercambio e o debate". Con estes fins organizaranse dous eventos na Coruña. Lista de reprodución ao vivo permitirá aos comunicadores participantes compartir a súa experiencia co público asistente. Pola súa banda, a Xornada para Youtubeir@s convida a "reflexionar sobre o panorama creativo a varios niveis (lingüÃstico, temático, creación de públicos), de xeito que se propicie un lugar de reflexión e conexión para tecer redes e, ao tempo, fortalecer a comunidade entre as persoas creadoras", segundo explica o propio proxecto.
No campo formativo, o proxecto achegarase de xeito particular ao alumnado de secundaria mediante cursos e obradoiros de formación. A produtora Illa Bufarda, a actriz Laura Villaverde ou Marga RodrÃguez Tilve serán algunhas das responsables destas actividades.