
O Premio á Creatividade levouno Cativos na Cociña, de Siradella Films mentres MJ Pérez obtivo o de Eficiencia Comunicativa por RosalÃa Ft. RosalÃa-Malaxente (MJ Cover). O vÃdeo de Os Novos Quero Fugir, realizado por Aaron Vilariño acadou o Premio á Calidade Técnica e 21 dÃas improvisando de A Rabela, o de Calidade LingüÃstica. Flow de Toxo levou o premio á #propostayoutubeira.
Pola súa banda, o proxecto audiovisual Aturuxo Films, do IES de Cacheiras, en Teo, conseguiu un dos premios ás boas prácticas educativas que outorga o Ministerio de Educación. En concreto, o proxecto Imaxinando músicas, foi recoñecido na categorÃa de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura, Audiovisuais e Alfabetizacións Multiples. Esta iniciativa combina a creación de pezas musicais para filmes coa elaboración de pezas audiovisuais a partir de música, e pon en colaboración o traballo no centro de ensino co Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. O premio conta cunha dotación de 10.000 euros.