A iniciativa Youtubeir@s busca encher a rede de vídeos en galego

Once concellos promoven este certame de vídeos na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A iniciativa Youtubeir@s busca encher a rede de vídeos en galego

Un concurso para incrementar a presenza de vídeos en galego na rede. Esta é a base do proxecto Youtubeir@s, que se presentaba onte ao público da man de once concellos en colaboración coas tres universidades. A Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove son os municipios que promoven esta iniciativa, que outorgará un premio de mil euros e catro mencións de quiñentos aos mellores vídeos que se inscriban entre o 1 de decembro e o 28 de abril. Os interesados en participar só teñen que ser maiores de catorce anos e inscribir os seus traballos na categoría "vídeo-facermos", destinada a titoriais en formato audiovisual, ou "vídeo-opinarmos", na que se poden expor valoracións e ideas, cun máximo de 5 minutos de duración e sempre en galego. O proxecto complétase con obradoiros de videocreación teóricos e prácticos que a produtora Illa Bufarda impartirá en concellos e entidades que o soliciten.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Ourense, Illa Bufarda, Mazaricos...