
Entre as novidades, nesta ocasión os obradoiros de formación que impartirá Illa Bufarda irán especialmente orientados para usuarios de máis de 50 anos, mentres que o premio que recoñece os mellores traballos en galego nesta canle de vídeos contará con novas categorías. Así, os 5.500 euros en premios repartiranse entre os apartados de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos e canle, dotados cada un con 1.000 euros, e os de creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público, que contarán con 500. Este último, outra das innovacións da nova edición, permitirá que propor candidatos a través do Facebook do certame. Un acto público o vindeiro 20 de abril de 2018 dará a coñecer os gañadores desta xeira.