Enreguéifate medra na súa segunda edición

Ames, Carballo, Compostela e Teo participan desta iniciativa a prol da improvisación oral en verso

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Enreguéifate medra na súa segunda edición

O proxecto Enreguéifate, que naceu o pasado ano no Concello de Santiago, medra na súa segunda xeira e achegará tamén actividades aos concellos de Ames, Carballo e Teo. O proxecto, que se presentaba onte e estrea web propia, continúa coa proposta de achegar actividades sobre a improvisación oral en verso como un xeito de revitalizar este patrimonio inmaterial e de favorecer o emprego da lingua galega, especialmente entre o público máis novo. Ao igual que no pasado ano, desenvolverase un certame de regueifas en vídeo e celebrarase, o vindeiro 2 de maio, o festival Regueifesta no Auditorio de Galicia. A estas propostas engade unha xornada de formación para docentes en Carballo e diferentes propostas didácticas para alumnado nos centros de ensino dos concellos participantes.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Teo, Ames, Lingua galega...