Arredor dun milleiro de alumnos de vinte centros de ensino de todo o paÃs danse cita este venres doce de maio no Auditorio de Galicia na segunda Festa da Regueifa. O encontro, que busca promover esta forma de improvisación oral entre a xente máis nova, comeza ás dez e media da mañá coa Regueifesta, un encontro que contará coa participación de Alba MarÃa e Josinho da Teixeira e coa actuación de Lidia Botana, que actúa como madriña. Os organizadores anuncian a presentación no encontro dunha nova xeración de regueifeiros como Xairo de Herbón, Esther das Luras, Noa de Capón, Nuria das Cruces, Lorena Medela e Xandro de Baio. A partir das doce celebrarase a entrega de premios do primeiro certame enreguéifate, organizado polo Concello de Santiago.
Xa pola tarde, e orientado ao un público máis adulto, o Centro Xove da Almáciga acollerá o I Festival Boina e Txapela. Este encontro de improvisadores galegos e vascos contará coa presenza de Garcia MC e DJ Mil, Moudafaca e Gato Persa, Lidia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución. Haberá demais sesión de micro aberto para os interesados.