Regueifa galega e lusa danse a man na IVª Mostra 'De repente, en Compostela'

O encontro terá lugar nos días 18, 19 e 20 en Santiago e Baio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A cuarta edición da mostra de improvisación oral en verso De Repente, en Compostela, que impulsa a asociación ORAL de regueifa terá como núcleo temático o encontro do “repentismo” galego-portugués. Durante tres días, -18, 19 e 20 de novembro-, diferentes actividades dirixidas a todos os públicos e con regueifeiros de Galicia e Portugal converterán Compostela na capital da improvisación cantada galego-portuguesa. O martes, 19, tres experiencias educativas que teñen como obxectivo modernizar e actualizar a regueifa nos seus territorios van ser protagonistas do encontro central. Un festival reunirá a Regueifesta galega, o Festcordel de Avanca (Portugal) e o Projeto Repentismo da illa da Madeira. Tamén haberá espazo para a reflexión con dúas mesas redondas onde falarán, nunha delas crianzas e adolescentes sobre a súa experiencia, e outra con profesorado e activistas que analizará o momento actual da regueifa no entorno galego-portugués. O mércores, a Mostra trasladarase a Baio, ao IES Maximino Romero de Lema, onde terá lugar o Encontro de Repente Interxeracional Galego-Portugués, e no que participarán as novas xeracións bergantiñás da regueifa con varios regueifeiros de idade, ao lado dos repentistas portugueses.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Portugal, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos