Un ano máis, a Asociación ORAL de Galicia e mais o Centro Veciñal e Cultural de Valladares convocan os repentistas do paÃs para o XIX Certame de Improvisación Oral. O encontro desenvolverase ao longo dos domingos 18 e 25 de decembro a partir das 18:30 horas no auditorio desta parroquia de Vigo cun intenso programa. Segundo recolle hoxe o Faro de Vigo, na primeira sesión serán o grupo Triateros, o rapeiro Hugo GZ e a escritora Iolanda Zúñiga os encargados de amosar as posibilidades da improvisación en diferentes estilos. Para a segunda xornada, Kike Estévez e Alba MarÃa presentarán unha sesión na que estarán presentes regueifeiros de Bergantiños e convidados de Cantabria, Canarias ou Brasil. Ademais, impartiranse obradoiros para se iniciar na arte da improvisación oral.
Será tamén o dÃa 25 cando se presente o volume Repente Galego. Esta investigación de Ramom Pinheiro Almuinha deuse a coñecer na recente edición do Culturgal e supón a primeira monografÃa dedicada a este tema no paÃs. Segundo reza a presentación do volume, que edita ORAL coa colaboración da Deputación de Pontevedra, trátase "dun exhaustivo traballo sobre as implicacións, prácticas, reflexións e protagonistas da improvisación oral galegas en contexto con outras manifestacións noutros lugares que aÃnda se conservan e practican. Unha investagación de máis de cinco anos e un ensaio necesario para comprendermos un pouco máis do noso patrimonio inmaterial".