O primeiro encontro de improvisación oral da Pobra de Brollón bota a andar na fin de semana do 22 e 23 de xullo. O festival Brindadeira nace cunha programación na que participarán "improvisadoras de brindo e regueifa de toda Galicia e mais da tradición vasca de bertso". Segundo explica o concello, con esta iniciativa quérese recuperar a tradición do brindo, forma de improvisación oral propia da zona.
Obradoiros de improvisación a cargo de Sara Marchena, Alba MarÃa, Lorena Medela e Nuria Penas, actuacións das vascas Uxue Alberdi e Miren Amuriza con tradución en directo ou mostras de regueifa a cargo do Caruncho e de Os d'Herbón son algunhas das actividades que se desenvolverán na primeira xornada. Pola noite haberá concertos a cargo de artistas que parten da improvisación, neste caso o dúo Aldaolado e High Paw xunto con O Rabelo.
Canda a isto, haberá un vermú de presentación da editorial bilbaÃna Consonni, con raÃces no concello e cunha actuación de Lois Prado. Unha mesa redonda sobre oralidade, tradición e feminismo ou un paseo da man da veciñanza pola aldea de Ferreiros son outras propostas que fan parte do programa.
No domingo, unha nova sesión vermú reunirá "unha ducia de artistas locais e achegadas para interpretar músicas tradicionais recollidas en Ferreiros, asà como unha sesión de romances guÃmaros arredor de historias da tradición oral de todo o territorio da Pobra do Brollón".