Valladares celebra o XI Certame Internacional de Improvisación Oral

O rap e a poesía incorpóranse ao programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As actividades comezaron xa este domingo cunha sesión centrada na improvisación en formato rap que incluíu desafíos rimados entre participantes. No entanto, o XI Certame Internacional de Improvisación Oral de Valladares continúa aínda dúas fins de semana máis. O vindeiro domingo as xa tradicionais regueifas protagonizan o programa, con obradoiros e a presenza de rimadores galegos e dunha delegación cántabra. Para o día 26 preséntase como novidade a xornada dedicada improvisación poética, que presenta María Lado coa participación de Antía Otero, Xabier Cordal e mais o dúo Accidents Poliétics.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xabier Cordal, María Lado, Antía Otero

Claves

Conceptos