O V Certame Internacional de Regueifas achegou a Vigo a improvisación oral

O cantar que non ten papel

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Vigo converteuse onte na capital mundial do canto improvisado. Cubanos, galegos e canarios reuníronse nunha demostración das diferentes formas de improvisación tradicional no V Certame Internacional de Regueifas organizado polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

Participantes

Calviño de Tallo, Suso de Xirnes, Guillermo da Rabadeira e Luis Caruncho representando ós regueifeiros galegos. Roberto Pérez e Luis Paz Papillo da banda dos versadores cubanos, ofreceron onte un recital das súas habilidades que tivo como marco o Conservatorio Superior de Música. Ademais deles, xa profesionais do verso, os participantes nos obradoiros que durante os últimos días se viñeron celebrando no barrio por iniciativa da Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" e impartido por Luis Caruncho amosaron o seu bo facer no auditorio do propio Centro Cultural.
Onda os versadores interviron o cubano Fernando "Murguita" e o canario José Luis Martín tocando a guitarra e o laúde respectivamente.

Comida e chat

Ademais do xantar no que se reuniron todos os participantes e os afeccionados ás regueifas, o encontro incluíu unha novidosa iniciativa, a Ciberregueifa. Este encontro pretendía unificar a improvisación tradicional coas novas tecnoloxías mediante un chat, no que entre as oito e as once da noite se amosou a agudeza e a creatividade dos participantes pero, nesta ocasión, por escrito. É a primeira vez que se organiza un ciberencontro deste tipo en Galicia.


Obxectivos

Segundo sinala Carlos Alonso Piñeiro, promotor deste encontro, sinala que con este encontro preténdese colaborar na recuperación desta tradición artística galega, que actualmente tende a desaparecer. Onda esta idea está a intención de achegar ás novas xeracións esta disciplina e pór en contacto improvisadores de distintas partes do mundo.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Alonso, Asociacións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares