A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua daba a coñecer este 23 de marzo o fallo dos II Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. O galardón ao mellor proxecto estabilizado, con máis de cinco anos de traballo foi para recoñeceuse a iniciativa conxunta Enreguéifate e Regueifesta, que emprega a improvisación oral para favorecer o emprego da nosa lingua. Galeguiza-T foi escollido como mellor proxecto novo a recoñecer a súa aposta innovadora polas redes sociais. O programa DÃgocho eu da CRTVG foi seleccionado como proxecto coa mellor comunicación e impacto social, a destcar "a súa frescura e influencia no conxunto da cidadanÃa".
Dos 37 proxectos que se presentaron a esta xeira, o xurado seleccionou tamén o Projeto Educativo Semente como mellor proposta para a infancia e a mocidade, mentres Galegoempresas levou o premio á mellor iniciativa nun ámbito sectorial. Ademais, outorgoulle unha mención á proposta da Deputación da Coruña O galego, a miña lingua propia, ao considerar que é "un proxecto de calidade" que "pode servir de estÃmulo e modelo para outras administracións".
Os proxectos galardoados estarán dispoñibles no web dos premios para a súa difusión. A organización desenvolverá, se a situación sanitaria o permite, un acto de entrega. O premios non teñen dotacion económica.
O xurado estivo formado por Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüÃstica do Concello de Ourense, Eloi Gestido de la Torre, docente de ensino medio, Silvia MuÃño Naveira, técnica de normalización lingüÃstica do Concello de Betanzos, Nerea Couselo Fernández, dinamizadora sociocultural en Xandobela, e Irene Pin, xornalista en Nós Diario. Anxos Sobriño Pérez, presidenta da CTNL, actuou como secretaria con voz e sen voto.