A Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa son os dezaoito concellos que conforman Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua. O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela acolleu na mañá deste 21 de marzo a presentación desta entidade, que preside o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños.
Aínda que o acto de constitución se desenvolveu en outubro de 2019, a entidade preséntase agora ao público "para lles dar resposta aos múltiples retos de futuro que o galego debe afrontar" coa cooperación e o traballo en rede como base de funcionamento. Nas súas funcións estará "a coordinación na acción dos servizos de normalización lingüística", desenvolver "servizo de asesoramento ás entidades asociadas na promoción, impulso e conservación do idioma" e propiciar a "colaboración con outras entidades que teñan entre os seus fins a defensa da lingua". Os concellos que participan da asociación xa están a promover propostas conxuntas como a campaña Apego, Youtubeir@s, o Club de Debate ou Enrreguéifate.
O colectivo inicia a súa actividade pública cunha campaña de presentación par se dar a coñecer. Baixo o lema Alingua aí, desenvolverase propostas de difusión en medios convencionais e redes sociais ou sorteos para acudir a restaurantes do prestixioso Grupo Nove. Como eixe deste lanzamento proponse o neoloxismo alinguar, que se presenta como "verbo transitivo que significa usar a lingua propia para expresar pensamentos e accións ao tempo que se manifesta unha vontade expresa de autodefinición e afirmación nela e na cultura que vehicula". A partir del desenvólvese unha campaña a medio camiño entre a ficción e o falso documental a través das redes, protagonizada por Gloria Rico e Tania Yáñez.
Canda a elas, a proposta conta con colaboracións como a das actrices Mela Casal, Melania Cruz e Ailén Kendelman, a cantante MounQup, os xornalistas Gonzo, David Espiño e Patricia Santana, as creadoras dixitais Olaxonmario, Todomalva e Surfeando Libros, o artista Sergio Marey, o escritor Isamel Ramos e a artesá Elena Ferro. Tamén participan a psiquiatra Iria Veiga, o intérprete Xosé A. Touriñán, a bailarina Ánxela Blanco, o rapeiro O Rabelo, a influencer Paula Jorge, a maga Sara Rodríguez e o músico Caxade.