O proxecto Apego, que promove a socialización na nosa lingua entre a infancia, incorpora once novos concellos e suma así vinte e tres. O Centro Ágora da Coruña acolle este sábado a sinatura do protocolo de incorporación, polo que esta proposta chegará a unha poboación de máis dun millón de habitantes no noso país. Nado da colaboración entre os concellos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo, Apego desenvolve diversas accións orientadas a crianzas de entre 0 e 6 anos como distribución de materiais, actividades e orientación a familias. A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo son as novas incorporacións a esta rede.