Nace o programa Apego para favorecer a transmisión da lingua

Doce concellos colaboran para incrementar o emprego do galego como lingua inicial

24/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
20 lecturas | Compartido 0 veces
Incrementar a transmisión do galego no seo das familias e favorecer unha maior presenza da nosa lingua como inicial entre os máis novos. Estes son os obxectivos do programa Apego, que se presentaba onte ao público. Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo son os concellos que onte asinaban o protocolo de colaboración para pór en marcha esta iniciativa. Entre outras medidas, o proxecto prevé distribuír 5.000 caixas con material na nosa lingua a mulleres embarazadas, crear unha rede de familias e desenvolver obradoiros e actividades. O proxecto porase en marcha ao longo do mes de maio.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
10 lugares identificados