Un encontro abordará a política língüística municipal

Celébrase en Compostela o vindeiro 16 de novembro

11/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
18 lecturas | Compartido 0 veces

O papel que xogan os concellos para promover o emprego da nosa lingua será o eixe do Encontro de política lingüística municipal, que se celebra por vez primeira en Compostela o vindeiro 16 de novembro. O Auditorio de Galicia acolle esta iniciativa do Concello de Santiago e da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que inclúe no seu programa o repaso de iniciativas como Apego ou o Proxecto para o fomento de youtubeir@s en galego, ademais de analizar as ferramentas coas que contan as corporacións locais no traballo a prol do galego. Entre os obxectivos do encontro están "actualizar o entusiasmo e o discurso a prol da lingua galega emitido e difundido desde os concellos", "activar a implicación das administracións locais no proceso de normalización da lingua galega", favorecer a colaboración e o traballo en rede destas entidades e "acordarmos e establecermos pautas comúns e mínimos de actuación en materia de normalización do idioma".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios