Desde xaneiro de 2008 os grupos de normalización dos concellos de Melide, Santiso e Toques traballan conxuntamente cos equipos dos seus centros de ensino para mellorar a situación da nosa lingua nestes territorios. Esta novidosa experiencia foi a protagonista da sesión de tarde dos II Encontros de PolÃtica LingüÃstica desde as Administracións Locais da Coruña. Segundo no explica Mercedes Queixas, coordinadora desta experiencia, “no pasado recente foi unha eiva moi importante o establecer canles abertas de traballo entre o Concello, o ensino e as entidades que teñen coma obxectivo a normalización”.
Nese sentido, o proxecto comarcal no que participa tenta “que o traballo que se desenvolve nos centros de ensino sexa coñecido polo conxunto da sociedade. Cómpre que o alumnado aprece que os esforzos que se fan neste sentido teñan relevancia a nivel social”. Polo momento, a iniciativa conseguiu xa o compromiso dos tres alcaldes implicados para desenvolver un proxecto a nivel comarcal. Entre os traballos xa en andamento está o desenvolvemento dunha diagnose sobre o estado da nosa lingua na zona, e para o futuro agardan desenvolver un web que achegue comprida información sobre o proxecto.