Compostela estreará en xuño o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago

Está aberto o prazo de recepción de traballos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Compostela estreará en xuño o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago

Compostela contará neste ano 2013 cun novo festival de cine. Chámase Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago e xorde, segundo o seu sitio web para ofrecer o “mellor cine feito en España”. A cita terá lugar do 3 ao 7 de xuño e xa está aberto (ata o 20 de maio) o prazo de presentación de traballos. O certame concederá tres galardóns (premio estela á mellor longametraxe, premio estela á mellor actriz e premio estela ao mellor actor). Só o apartado de longametraxes ten dotación económica cun único premio de 10.000 euros. Contará con varias seccións oficiais a proxección, que terá lugar no Teatro Principal, así como un programa de actividades que inclúe desde encontros, exposicións, obradoiros e mesas redondas.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Camiño de Santiago, Exposicións, Teatro...