Hoxe remata o I Festival de Cine de Televisión Camiño de Santiago. Faino cunha gala na que se entegarán os premios a mellor pelÃcula (dotado con 10.000 euros), mellor actriz e mellor actor. Pero non serán os únicos galardóns, xa que tamen hai premios para a mellor traxectoria audiovisual que este ano recae na actriz MarÃa Pujalte; ou para a mellor serie nacional que é para o traballo Gran Hotel que produce Bambú producións, liderada polo galego Ramón Campos. O premio Estela Solidaria vai para a Asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) polo traballo As outras voces de Israel e Palestina, dirixido por Luisa Pérez Puga.