"Calpurnia" á mellor actriz e mellor actor novidades do Festival de cine ourensán

A polo sexto

O Festival de Cine Independente de Ourense chega á súa sexta edición. E faino presentando varias novidades con respecto ó ano pasado. Por una banda increméntase a contía do gran premio Calpurnia á mellor película (dotado agora con un millón trescentas mil pesetas) e créanse dúas novas categorías: mellor actriz e mellor actor que recibirán a estatuíña ourensá, a Calpurnia.


Novidades


A sexta edición do Festival de Cinema Independente de Ourense acaba de presentarse con algunhas novidades con respecto ás anteriores edicións. En primeiro lugar o primeiro premio, a Gran Calpurnia á mellor película increméntase agora con 300.000 pesetas. Ademais, seguindo a estela dos grandes festivais de cinema, créanse dúas novas categorías, mellor actriz e mellor actor que serán galardoadas coas respectivas "Calpurnias". Outras das novidades determina que as seccións oficiais pasan a ser dúas (curtas e longas), integrándose "Eixo Atlántico" dentro da competición internacional de curtametraxes. Polo demais, séguense mantendo os premios e as categorías habituais: premio do público á mellor longametraxe (con 700.000 pesetas), premio do xurado ó mellor novo director europeo (600.000 pesetas), premio AEC á mellor director de fotografía (cunha estatuíña), galardón do xurado á súa curtametraxe (500.000 pesetas) e premio Canal + do público á mellor curtametraxe (dotado coa compra dos dereitos de emisión a 20.000 pesetas/min) e o premio Eixo Atlántico á mellor curtametraxe galega ou portuguesa (250.000 pesetas).


Prazos


Ademais de presentar as novidades dentro dos apartados e dos premios presentáronse as bases que regulan esta nova edición. A sexta edición do Festival de Cine Independente de Ourense desenvolverase do 3 ó 9 de novembre. E as produccións teñen que estar datadas antes do 1 de xaneiro de 2000, non puideron exhibirse comercialmente en España con anterioridade ó festival. O prazo de presentación dos filmes conclúe o 31 de xullo. No que atende ás figuras que se homenaxean en cada ocasión, Camilo José Cela podería recoller o relevo deixado por Torrente Ballester. A súa aportación ó cinema, coa adaptación de "La Colmena" e "La familia de Pascual Duarte", así como as súas esporádicas actuacións como actor son algúns dos requisitos polos que a organización do festival pretende homenaxear ó coñecido escritor.