Un 'mapa de foxas' localiza as trazas da violencia franquista en Galicia

Presenta información sobre máis de 80 localizacións

Presenta información sobre máis de 80 localizacións
RTVE Noticias acaba de facer público un mapa de foxas de persoas asasinadas pola violencia política en España desde a Guerra civil ata 1950 en España. "Máis de 140.000 persoas foron asasinadas polos sublevados e a ditadura ata 1950 e máis de 49.000 a mans dos republicanos". O mapa ten a singularidade que foi feito coa colaboración do arquivo RTVE e xa que logo ten un enfoque moi xornalístico. En cada fosa están asociados datos procedentes da Secretaría de Estado de Memoria Democrática pero tamén, en moitos casos, as reportaxes producidas por RTVE sobre a localización e excavación das foxas. Un conxunto de historias destacadas permite explorar o mapa ao redor de persoas, personaxes, mulleres, lugares ou obxectos, entre outras categorías. No caso galego, hai información de máis de 80 foxas.