Onte celebrouse a constitución da Conferencia Sectorial da Memoria Democrática, promovida pola vicepresidenta do Goberno español, Carmen Calvo, na que se realizou a asignación de recursos económicos destinados á "busca, identificación e dignificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a Dictadura". Son tres millóns de euros, divididos en 2 millóns para a localización e exhumación de foxas e 1 millón para accións de dignificación. A Galicia corresponderanlle máis de 106.000 que serán empregados, según a Xunta, en "localización de fosas e actividades de difusión e dignificación". Dentro de reparto por comunidades autónomas, Galicia fica en décima posición no reparto por comunidades autónomas. Os territorios que recibirán máis serán Andalucía, con 507.814 euros e Cataluña, con 335.938 euros. Os que reciben menos serán La Rioja (57.555) e as cidades autónomas do norte de África, con algo máis de 30.000 euros cada unha. A Xunta "porá en marcha mecanismos para a aplicación dos 106.395 asignados".