O encontro que mantivo este 7 de abril a Conferencia Sectorial de Cultura, na que se reúnen representantes da comunidades e cidades autónomas co Goberno Central, acordou o reparto de 115,4 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Destes fondos, destinados a "reformas e inversións orientadas a fortalecer a cadea de valor de las industrias culturais" Galicia recibirá un total de 6.620.461,30 euros entre 2022 e 2023.
Case a metade dos fondos galegos, 3.247.053,89 euros, destinaranse a "Actuacións sobre o patrimonio de las CCAA, Corporacións Locais e titulares privados na restauración e posta en valor do patrimonio cultural español". Segue a esta partida a destinada a "Axudas para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas", que reúne 1.257.289,52 euros.
O apoio a Aceleradoras de proxectos culturais (886.320,18 euros), e mais a Modernización das infraestruturas das artes escénicas e musicais, con 880.046,81 euros, son as seguintes propostas con maior contÃa. Finalmente, a "Dixitalización do inventario do patrimonio da igrexa católica; documentación dos bens declarados BIC pertencentes a outras administracións ou persoas privadas; e dixitalización de bens pertencentes ao Patrimonio Histórico Español de titularidade privada" contará con 280.000 euros destes fondos e a "Descrición e dixitalización de fondos documentais de titularidade estatal e xestión autonómica", con 69.750,90 euros, completan a conta.
Logo do encontro, o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, reclamou ao Goberno central máis claridade e flexibilidade para facilitar a execución destes fondos europeos. "Consideramos clave que recapaciten e se fixen criterios para os proxectos que opten aos fondos máis flexibles e coherentes e que se respecten as formulacións feitas polas comunidades", expresou. Tamén reclamou un reparto "xusto, equilibrado e dialogado dos fondos que darÃa unha maior capacidade ás comunidades" a lembrar que a Administración Xeral do Estado reservou a xestión dun 54% dos fondos.