Este martes 22 de novembro comezan os traballos de exhumación dunha foxa con tres corpos no Cemiterio Veciñal da Capela. Esta é a primeira actuación do Plan de Memoria Democrática de Galicia 2022, que bota a andar logo dun acordo entre a Vicepresidencia segunda e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.
A iniciativa, que está financiada con fondos achegados polo Goberno Central, iniciará este día 23 outras dúas intervencións en Celanova e Lousame para recuperar restos de persoas represaliadas polo franquismo. En total estes traballos contan cun orzamento de 110.351 euros e contan coa colaboración do grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago de Compostela.
A foxa da Capela acolle os corpos de Joaquín Antón Rodeiro, Manuel Franco Bermúdez e Francisco Guerreiro Guerreiro, naturais de As Pontes de García Rodríguez. En Celanova, pola súa banda, recuperaranse os restos de sete persoas, naturais de Asturias, xulgadas en Camposancos e executadas na vila.
Trátase de Baldomero Vigil Escalera Vallejo, Marcelino Fernández García, Guillermo de Diego Álvarez, Alfonso Moreno Gayol, Abelardo Suárez del Busto, Belarmino Álvarez García, e Mariano Blanco González. En Vilacova, Lousame finalmente investigarase unha foxa con dous corpos, un deles identificado como Manuel García Hermo, natural de A Pobra do Caramiñal e veciño de Ribeira.