O proxecto Nomes e Voces elabora unha cartografía visual da represión franquista en Galicia

O SIG permite localizar foxas de enterramento ou densidade de asasinatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vítimas con resultado de morte en Galicia. Fonte: Proxecto nomes e Voces

Vítimas con resultado de morte en Galicia. Fonte: Proxecto nomes e Voces

O proxecto "Nomes e Voces", creado na USC para "estudar a represión franquista durante a Guerra Civil e a ditadura" baixo a dirección de Lourenzo Fernández Prieto, deu un paso máis na visualización dos datos da represión franquista en Galicia. A través de mapas territoriais, o web do proxecto permite explorar as áreas máis afectadas pola represión legal e paralegal. Desde a procedencia dos condenados a morte ata as foxas de enterramento ou os "paseados", a información e a densidade de casos está representado sobre o territorio, podéndose apreciar os puntos neurálxicos da represión militar.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Historias para non esquecer

Historias para non esquecer

Coñecemos as historias persoais que saen á luz na investigación sobre a represión franquista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lourenzo Fernández Prieto, Morte, Guerra Civil, USC

Claves

Entidades