Vinte e seis foxas agochan vítimas da represión franquista en Galicia

O proxecto As vítimas, os nomes, as voces, os lugares avanza novos datos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Fusilamentos, paseos, detencións, encerros ou torturas tiveron en lugar en 305 lugares de Galicia durante a represión franquista entre 1936 e 1939. Esta mañá presentábanse os últimos datos do proxecto As vítimas, os nomes, as voces, os lugares, no que colaboran as tres universidades galegas coa Consellaría de Cultura. Ademais, os investigadores localizaron en todo o país 26 foxas comúns de vítimas mortais deste proceso, ás que suman 11 puntos situados na costa que tamén eran empregados para se desfacer de cadáveres de represaliados. Precisamente foron as cidades e as vilas costeiras as áreas nas que a represión foi máis forte, por mor da súa maior actividade política e sindical. Cultura sinalou que, malia a que as investigacións están a ser exhaustivas, é posible que se localicen novos escenarios destes crimes, xa que o estudo continuará ata 2009.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves