A AELG designa os autores da Asociación de Escritores de Galicia como membros de honra

A asociación fora creada en 1936 e anulada polo franquismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A AELG aprobou nomear aos autores da Asociación de Escritores de Galicia como membros de honra da AELG. A asociación, constituída en marzo de 1936, incluía a figuras como Fermín Bouza Brey, Manuel García Barros, Aquilino Iglesia Alvariño, Gonzalo López Abente, Ramón Otero Pedrayo ou Xaime Quintanilla. A acción da actividade ficou truncada pola Guerra civil e a posterior represión franquista. "Reivindicamos o inmenso labor feito para a valoración da literatura galega xa desde aquel tempo", explican desde a AELG, "onde se continuaron tecendo os camiños que nos permitiron chegar até hoxe".

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Franquismo, Xaime Quintanilla, Ramón Otero Pedrayo...