"En recoñecemento á súa xenerosa participación activa como fundador e primeiro presidente da AELG, en 1980", o Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega acordou nomear o autor cangués Presidente de Honra da entidade. A AELG informou do nomeamento este 28 de setembro a través do seu web, a destacar do autor que "o seu caudal creativo alimenta varios rÃos que fornecen camiños fecundos para a nosa lingua e literatura desde hai máis de 60 anos".
Da súa traxectoria, a Asociación destaca como fitos o feito de ter participado do Consello de Redacción da revista poética Alba, as súas colaboracións en xornais como La Noche e no Faro de Vigo e o ter feito parte da creación do grupo Brais Pinto en Madrid en 1958.