
De xeito paralelo, a Asociación presentaba esta mañá o programa do VI Encontro Cidade da Coruña. Co lema Os territorios da invisibilidade, a iniciativa explorará a relación entre literatura e ámbitos sociais silenciados. RosalÃa de Castro, a represión ou "as voces enfermas, esquecidas ou simplificadas" ocuparán este encontro, que arrinca o vindeiro 11 de abril cunha intervención de Pilar GarcÃa Negro e continuará cunha conferencia semanal ata o 3 de maio, a cargo respectivamente de Aurora Marco e Antón Riveiro Coello e LÃdia Jorge. A iniciativa está organizada en colaboración co Concello da Coruña e a ConsellarÃa de Cultura.