O proxecto A literatura galega nas súas voces achega un cento de vídeos

A AELG presenta esta iniciativa na que autoras e autores len fragmentos das súas obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O proxecto A literatura galega nas súas voces achega un cento de vídeos

A canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística acolle desde este 5 de abril as cen pezas que compoñen o proxecto A literatura galega nas súas voces. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove esta iniciativa na que se poden ver outros tantos autores e autoras do país a leren framentos significativos das súas propias obras.

Con esta iniciativa, segundo a entidade, "facilítase o acceso directo de toda a cidadanía á creatividade da literatura galega e promóvese a súa dinamización e visualización no ámbito dixital, en especial nos usos no ensino". A colección de vídeos realizouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Lingua galega, Escritores, Política Lingüística...