Os escritores estarán convocados a participar nun "Parlamento de Escritoras-es" para o outono próximo en Pontevedra. Este "parlamento" ten como obxectivo facer deles axentes da acción social e polÃtica. Este proxecto aprobouse o pasado sábado na Asemblea Xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrada en Santiago. A AELG convocará a primeira edición desta iniciativa que parte da idea de que "o escritor/a, alén de atender a súa actividade creativa, e mesmo dentro dela ou coma prolongación dela, ten que analizar e ser altofalante da situación actual de falta de garantÃas democráticas no exercicio dos dereitos civÃs".
Na mesma asemblea xeral a AELG tamén outorgou as súas honras institucionais. Luz Fandiño (Santiago, 1931) e Manuel Pazos “Pazos de Merexo” (MuxÃa, Merexo, 1926) serán recoñecidos como Mestra e Mestre da Memoria 2018 respectivamente. A entrega destas distincións terá lugar na III Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo. Asà mesmo, acordouse que Xoán-Ignacio Taibo sexa o próximo "Escritor na súa Terra – Letra E" e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo cuarta edición; será no mes de xuño no Concello de Oleiros. Alén de se incorporar Lois Pérez ao Consello Directivo da AELG, aprobouse o programa de actividades para o ano, que inclúe como a máis próxima a celebración do vindeiro DÃa de RosalÃa de Castro. O programa aposta por continuar con actividades como son os paseos literarios ou os obradoiros da Escola de Escritoras e Escritores da AELG, xa en andamento; tamén a organización ou coorganización de xornadas de formación dirixidas ao estudo das diferentes formas de crear literatura contemporánea.