Ao despedírense en Bos Aires por última vez Castelao e Ramón Otero Pedrayo en 1947, o primeiro fíxolle unha encomenda ao segundo: dirixir unha gran Historia de Galiza que fora o compendio do coñecemento e visión sobre Galicia da xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Baixo o mecenado do empresario Manuel Puente, o proxecto iniciouse a principios da década dos 50, e entre os colaboradores, Otero Pedrayo solicitoulle a Aquilino Iglesia Alvariño un texto sobre a lingua galega, do mesmo xeito que os había sobre xeografía ou etnografía. Pero ese texto nunca chegou a ser publicado. A visión da lingua galega que ofrecía Aquilino Iglesia Alvariño chocaba coa "quentura patriótica" dos galeguistas do exilio, que defendían unha lingua culta máis diferenciada do castelán. Aínda que Iglesia Alvariño se comprometeu a facer un novo texto, a súa repentina morte fixo que a promesa nunca se cumprira e sobre a Historia de Galiza figurara unha sona misteriosa ata hoxe.
O CCG publicou hoxe un libro no que recupera, dos fondos da familia Iglesia Alvariño, ese texto ata agora descoñecido, e que acompaña con textos de contexto de Rosario Álvarez, Ramón Villares e Henrique Monteagudo. Pero o libro inclúe máis materiais. Tamén se edita por primeira vez o acordo ortográfico tomado polos colaboradores da Historia de Galiza para unificar o seu galego á hora de elaborar os seus textos para o proxecto, un documento de gran valor para coñecer como se procuraba, durante a ditadura franquista, construír un rexistro culto da lingua. Para explicar todo este episodio cultural, o CCG elaborou un especial web que se pode consultar canda a publicación, de xeito gratuíto.