O espectáculo 'Roland, mon amour' de Cris Balboa, representará á cultura galega emerxente no Festival Territorio en Bruxelas este vindeiro xoves, 27 de novembro. A trixésima edición deste evento organizado por Europalia que busca amosar as artes emerxentes nos paÃses da UE dedÃcase este ano a España e ten como obxectivo amosar a actividade artÃstica da diversidade territorial do Estado, máis alá de Madrid e Barcelona. A selección de propostas, levada a cabo polos curadores de Europalia, incluÃu este ano, en representación de Galicia a montaxe escrita, dirixida e interpretada por Cris Balboa 'Roland, mon amour'. O espectáculo da artista de Cambados é unha autoficción musical que combina palabra, corpo, música en directo e humor para falar da identidade, da precariedade e do exilio interior da artista galega, entre o desexo de crear e a dificultade de facelo dende a periferia.
'Roland, mon amour', que xa foi estreado en Galicia e representado en varias cidades, é un monodrama sobre o anhelo e a música, unha viaxe sonoro onde Cris Balboa e o seu sintetizador Roland exploran o poder da celebración, a comunidade e a resiliencia creativa. Cunha estética que lembra ao mundo colorido, intenso e lúdico de Almodóvar, a actuación racha coa teatralidade tradicional a través de anécdotas, ironÃa e poesÃa, buscando a conexión a través da vulnerabilidade, a alegrÃa e a contradición. Cris e o seu Roland invitan a sentir, compartir e diluÃr os lÃmites entre artista e público nunha experiencia sincera, erótica e fondamente humana. A peza nace dunha traxectoria de máis de quince anos nas artes vivas e conta coa coprodución do Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego, e a dramaturxia compartida coa mirada de Alberto Cortés. A artista presentará 'Roland, mon amour' no KVS (Koninklijke Vlaamse Schouwburg) da capital belga. Dentro do program de catro dÃas está tamén prevista unha conferencia a cargo dos artistas e xestores culturais galegos, Caterina Varela e Félix Fernández, que como cofundadores do Colectivo RPM presentarán o programa Residencias ParaÃso, que dirixen e coordinan, unha de as plataformas de apoio á danza e as artes escénicas máis importantes de Galicia e na que xurdiu o espectáculo de Cris Balboa. Esta intervención terá lugar o mesmo xoves, en horario de mañá, nunha presentación conxunta con outra intervención das Illas Canarias.