Un informe do CCG critica os cambios lexislativos para o patrimonio

Alude á traslación de competencias de patrimonio aos concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un informe do CCG critica os cambios lexislativos para o patrimonio

Un informe do Consello da Cultura afirma que a descentralización das competencias sobre Patrimonio aprobadas na Lei de medidas fiscais e administrativas de acompañamento os orzamentos autonómicos non "garanten de maneira suficiente e eficaz a conservación e protección do patrimonio cultural de Galicia". O documento conclúe que a reforma "non ten suficientemente en conta unha serie de factores relevantes, como a falta de desenolvemento da lei do patrimonio cultural, a inexistencia dun Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia actualizado, unificado, uniforme e coherente e a insuficiencia e a falta de formación específica do persoal técnico municipal", entre outros factores. "Nun contexto de alta presión social, económica e política, as opcións regulatorias que o lexislador galego pretende implantar descansan na vontade de reducir as vinculacións protectoras do noso patrimonio, liberalizando ("simplificando") a súa xestión mediante a súa remisión ás administracións máis expostas a esas presións".

Que che parece esta nova?
140 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei do Patrimonio Cultural, Consello da Cultura Galega