Cultura comeza a trasladar as competencias de Patrimonio aos concellos

Onte asinouse un protocolo de colaboración entre a Xunta e a FEGAMP

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A nova Lei de Patrimonio Cultural aprobada en 2016 prevía a descentralización das autorizacións para acometer obras en determinados sitios protexidos polos inventarios de patrimonio cultural de Galicia. Ata agora, era a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a que concedía estas autorizacións. Onte, o conselleiro de Cultura asinou un convenio co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, destinado a promover entre os concellos a asunción destas competencias autonómicas que, en todo caso, é voluntaria. Para seren habilitados, os concellos deben cumprir determinados requisitos técnicos e certificar a existencia dunha "comisión técnica municipal formada, polo menos, con persoal competente para o exercicio da arquitectura, a arqueoloxía e historia da arte". Tanto o Conselleiro de Cultura como a FEGAMP consideran que a xestión municipal destas licencias axilizarán a resolución das autorizacións nun 30% ou 40%, "simplificando" os procedementos administrativos. Esta cesión de competencias autonómicas aos concellos foi un dos aspectos máis criticados polos expertos durante o proceso de debate previo á aprobación da lei.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Patrimonio, Historia da Arte, Arqueoloxía, Arquitectura...