José López Campos, conselleiro de Cultura, presentou en Ourense o martes a vontade de axunta de modificar a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia co obxectivo de "axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz". López Campos sinalou que na actualidade os tempos de espera para a resolución de expedientes na Dirección Xeral de Patrimonio e entre seis e doce meses. "Son un problema á hora de levar a cabo determinados proxectos", engadiu. A reforma significará que a Dirección Xeral de Patrimonio xa non resolverá todos es expeidentes, senón que as "entidades locais poderán autorizar intervencións naqueles elementos que conten con protección estrutural e ambiental ou en Bens de Interese cultural e catalogados ao tratarse de obras menores como limpeza de fachadas, cambios de pavimento ou reparación de vÃas". Cultura resérvase as competencias "para autorizar actuacións nos elementos máis singulares ou que precisan a intervención dun persoal técnico con coñecementos máis especÃficos", como as obras en Bens de Interese Cultural ou elementos con protección integral, "coma os Camiños de Santiago declarados BIC (Francés e Norte) ou no patrimonio artÃstico, arqueolóxico ou naquel que sexa propiedade da igrexa". Adicionalmente, Cultura quere introducir a figura da "declaración responsable para as cortas de arboredo en bens con protección estrutural e ambiental, asà como no seu contorno de protección e zona de amortecemento, ou para as que se realicen no territorio histórico dos Camiños de Santiago catalogados a partir dos 3 metros a ambos lados da traza".
A Xunta quere trasladar aos concellos parte das autorizacións en obras do Patrimonio
A modificación será tramitada na nova Lei de acompañamento dos Orzamentos






