A nova Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia pretende axilizar os trámites para os proxectos de recuperación de cascos históricos e núcleos rurais. Segundo explicou onte o presidente da Xunta a adiantar este futuro texto, na nova normativa "non será necesario informe da Dirección Xeral de Patrimonio para levar a cabo a rehabilitación dun inmoble salvo que sexa un Ben de Interese Cultural (BIC) ou un edificio con catalogación de protección integral". Do mesmo xeito, a futura normativa concederase unha licencia directa para intervencións nas vivendas situadas nos Camiños de Santiago e nos núcleos rurais e urbanos coa condición de que "non afecte a elementos especificamente protexidos".
Entre outras novidades, facilitarase a agregación de edificios para vivenda e para negocios e elimina a necesidade de permiso autonómico para actuacións de cambios de cuberta, carpinterÃas exteriores, fachadas ou no interior de edificacións.
A nova Lei incluirá ademais un réxime sancionador especÃfico para loitar contra as pintadas en edificacións históricas ou ámbitos protexidos, con multas que oscilarán entre os 300 e os 150.000 euros.