A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural acaba de se encargar unha nova encomenda á empresa pública TecnologÃas y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) para desenvolver informes sobre intervencións no patrimonio galego. A nova encarga, en concreto, destÃnase ao "servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, asà como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento".
A Dirección Xeral destina 701.732,64 euros a estes traballos, previstos para o perÃodo dun ano desde o 1 de xullo. A encomenda súmase a outra realizada o pasado 31 de decembro por valor de 409.933,75 euros e que cobrÃa este tipo de traballos nos seis primeiros meses de 2021.
O texto da encomenda no DOG lembra que a empresa ten "a consideración de medio instrumental da Administración". No entanto, a derivación a esta firma da redacción deste tipo de informes ten sido contestada desde diferentes ámbitos da xestión patrimonial "ao subtraer do ámbito funcionarial funcións que implican, ou poden implicar, exercicio de autoridade ou fe pública", segundo denunciaba o blog Xestión do patrimonio.
Nunha liña similar, o sindicato CIG presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso sobre estes procedementos, ao sinalar que cos mesmos está a se paliar de xeito irregular a carencia de persoal funcionario especializado na propia Dirección Xeral de Patrimonio.